Historia de Washington DC

A historia de Washington, D.C. está ligada ao seu papel como capital dos Estados Unidos. Orixinalmente habitada polo pobo algonquino coñecido como Nacotchtank, o lugar do Distrito de Columbia ao londo do río Potomac foi escollido por vez primeira polo presidente George Washington. A cidade foi atacada durante a guerra anglo-estadounidense de 1812 nun episodio coñecido como a Queima de Washington. Tras o regreso do goberno á capital, este tivo que xestionar a reconstrución de numerosos edificios públicos, incluída a Casa Branca e o Capitolio dos Estados Unidos. O Plan McMillan de 1901 axudou a restaurar e enbelecer a zona central da cidade, incluíndo a creación do National Mall, xunto con numerous monumentos e museos.

Os nativos indíxenas vivían na rexión do Distrito de Columbia preto de 12 mil anos antes da chegada dos primeiros exploradores europeos. Un dos primeiros europeos a explorar a rexión foi o inglés John Smith de Jamestown, un soldado que anteriormente axudou a establecer a colonia de Jamestown. Smith explorou a rexión vía o Río Potomac, en 1608. Smith atoparía unha tribo Nacotchtank, un grupo nativo que falaba un idioma algonquino. Os nativos inicialmente recibiron amigabelmente o comercio europeo, mais conflitos sobre propiedade de terras levaron posteriormente a batallas entre colonizadores europeos e os nativos. Os Nacotchtank terminaron abandonando as súas vilas e refuxiáronse nas forestas da rexión.

En 1751, esta pequena comunidade foi renomeada George Town, e posteriormente, Georgetown.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search